Coñecendo a peza
Ensaio privado da peza para profesorado e alumnado do CMUS, profesoras da EASD Ramón Falcón e persoas interesadas na música minimalista.
Primeira interpretación
«Music for 18 musicians» interprétase no Teatro principal de Santiago de Compostela o 4 de setembro de 2022 dentro do Festival C de Santiago de Compostela.
Compartindo coñecemento. Xuntanza no Conservatorio de Danza
O alumnado da EASD Ramón Falcón presenta a súa investigación sobre Steve Reich, «Music for 18 musicians» e o minimalismo ao alumnado de Danza.
Xuntos participamos nunha dinámica de Design Thinking de mestura e coñecemento do alumnado para a escolla dos conceptos de traballo e a cor representativa. A exalumna dos estudos de deseño gráfico e soprano da obra, Sara Pérez, comparte a súa visión e interpretación da peza.
Obradoiro de procesos creativos e prácticas artísticas / Sabela Mendoza
Alumnado de 3º e 4º de Deseño de Interiores e Deseño Gráfico participan no obradoiro de procesos creativos e prácticas artísticas de Sabela Mendoza, Investigadora, creadora e xestora cultural contemporánea.
Comezamos cun respiro, unha parada de análise do punto de partida, de conexión coa historia que temos entre mans, o Universo Reich. Un xogo cunha pauta moi evidente e literal, cubrir unha folla en branco coa cor escollida mentres se escoita a música. Así empezou unha dinámica de introspección, participación e creación conxunta.
Sesión adicada a indagar nas motivacións, disparadores, recursos e ferramentas que axudan a iniciar un proceso creativo e/ou a desbloquealo no seu desenvolvemento. Procuraremos traballar co que temos, descartar o que sobra ou non desexamos, e aliñar a pulsión artística coas posibilidades de execución e o futuro resultado.
Descargar resultados da sesiónExplicacíon da obra / Diego Ventoso
Dende Vigo Diego Ventoso explícanos a construción musical da peza. Toda unha revelación para o entendemento do proxecto. Pulsos, palíndromos…unha estructura rítmica onde a dirección corre a cargo do vibráfono e do clarinete 1º.
11 sonoridades e 22 compases flotantes:
pulses (principio e final). Resumo de todas as seccións.
Con forma de palíndromo:
I, IIIA, VI, VII
Construcións + compases flotantes:
II, V, IX
Forma de palíndromo con construción/deconstrución:
IIIB, VIII
Forma de palíndromo sen volta + compases flotantes:
IV, XI
Compases flotantes:
X
Visita Gustavo Freire / Allentum
A empresa encargada da montaxe do evento Allentum, amósanos as entrañas do Auditorio. Unha visita organizada xunto ao seu xerente Nacho Crecente.
Chegou o momento. A votar!
O alumnado da EASD Ramón Falcón de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores xúntase para votar a imaxe gráfica do proxecto entre todos os proxectados na disciplina de Proxectos II de 3º Deseño Gráfico e na optativa Gráfica Aplicada aos Espazos. O proxecto elexido é o da alumna Elena González Medeiros.
O alumnado de Deseño de Interiores amosa a organización temporal da peza: unha liña de tempo onde danza, iluminación e vídeo creación entrelázanse coas diferentes seccións.
Ensaio de danza
É tempo de volver a vernos e compartir o feito. Alumnado de danza explica as súas propostas, comparten esquemas coreográficos e realizan un fermoso ensaio dando sentido visual ao alumnado da EASD Ramón Falcón.
Pola súa parte os deseñadores amosan a imaxe gráfica escollida, o esquema da representación e a maqueta do escenario.
E os compañeros de Fotografía, cámara en mán, toman rexistro visual para a montaxe final.
Deseñando a web do evento
O alumnado de 3º de Deseño Gráfico na disciplina de Proxectos II deseñan a estructura da web, a experiencia do usuario e o frontend da mesma.
Intervención espacial - vestíbulo Auditorio
Dentro da optativa Gráfica Aplicada aos Espazo o alumnado de Deseño de Interiores deseñan unha intervención espacial para o vestíbulo do Auditorio Gustavo Freire de Lugo
Producción e fabricación de chapas
Chegaron os cartéis e os tarxetóns da imprenta a tempo, pero falta moito por organizar. Un mércores pola tarde a Escola invítanos a comer e montamos a cadea de montaxe: 400 tarxetóns cos seus lapis e centos de chapas feitas.
Serigrafiado de camisetas e bolsas
No Taller de Técnicas Serigráficas de Serigrafía Artística non se para. Alumnado e profesora poñen en marcha un sistema de producción áxil e dinámico. Despóis de dous días, entre risas e boas prácticas… camisetas e bolsas serigrafiadas!
Escenografía e Lighting Design
Na optativa de Escenografía o alumnado de 4º de Deseño de Interiores e máis a súa profesora, non descansaron nin cando rematou a disciplina. A planificación da escenografía e sobre todo o lighting design, foi un arduo proceso no que se traballou moito tempo a cegas. Vai ser o día do ensaio, un día antes da representación, cando se poderá ver realmente o proxecto completo.
Nos enlaces podes consultar o guión e o plano de luces final, ao que se chegou despois de asistir a eventos relacionados, moitas probas e máis consultas técnicas.
Descargar guión de luces Descargar plano de lucesVideoarte e títulos de crédito
Chegamos ao segundo cuatrimestre e é o momento de poñerse co deseño audiovisual. Na disciplina de Proxectos II o alumnado de 3º de Deseño Gráfico idean e producen a peza de videoarte para as seccións acordadas da representación musical: sección II, V, IX e no úlitmo momento, a sección XI. Despóis dun visionado conxunto o alumnado dicta o seu veredicto:
1. Sección II: Daniel Boullosa Obelar.
2. Sección V: Marcos Bañobre Piñón e Margarita González García.
3. Sección IX: Sara Santaya Prieto.
4. Sección XI: Laura Moral Rodríguez e Lucía Rubido Pernas.
Tamén se votou o deseño á mellor proposta de títulos de crédito.
Rexistro fotográfico e exposición
O día da representación o alumnado de 1º curso de Proxectos de Fotografía, cámara en man tomará rexistro fotográfico da representación musical. Estas tomas fotográficas exporanse alá polo mes de maio no Gustavo Freire.
Ese mesmo día o profesor Xoan Luaces gravará o concerto coa axuda do alumnado participante.