Chegou o mes de setembro, rematou o verán e con el as vacacións para moitos de vós. E malia que sufrir algún efecto do síndrome posvacacional é pouco menos que inevitable, o comezo dun novo curso xa aparece no horizonte; e temos unha chea de motivos para encaralo con toda a ilusión do mundo.
Para algúns, o camiño comeza uns días antes que para os demais. Lembrade que ata o xoves 3 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso a Deseño de Interiores, que terán lugar o venres 4 na nosa escola. Os que xa teñades confirmado o voso ingreso en calquera das titulacións que ofrecemos, debedes anotar na vosa axenda outra data: martes 15 de setembro.
Ese será o día das presentacións, que se levarán a cabo no Salón de Actos da escola. A primeira quenda será para os alumnos das Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño (Deseño Gráfico e Deseño de Interiores), aos que citamos ás 11:00. A continuación daremos a benvida ao alumnado das Ensinanzas Profesionais (Gravado, Serigrafía, Cerámica e Fotografía), a partir das 12:00. Desde as 13:00, todos teredes o voso primeiro encontro cos vosos titores.
Tanto se este vai ser o teu primeiro ano na escola como se xa formas parte do grupo de veteranos, estás convidado a asistir a esta cita, na que falaremos do funcionamento do centro e das novidades que debedes coñecer para este curso. Non hai mellor forma de afrontalo con enerxía que saudando de novo aos vellos compañeiros e profesores e coñecendo aos recentemente chegados. Así que xa sabedes: metede na mochila tanto optimismo e ganas de traballar como sexa posible.