Categories: Titulacións

Estás valorando a posibilidade de estudar Deseño de Interiores? Ben pensado! Trátase dunha opción académica que te proporcionará coñecementos en áreas moi diversas; e que, por outro lado, abrirache as portas dun mundo profesional con intensa actividade e abondosas alternativas de emprego.

Con todo, é importante que teñas a máxima información posible antes de tomar unha decisión. Por iso te deixamos aquí unhas cantas cousas que debes saber sobre este camiño que estás por emprender:

  1. A preinscrición é necesaria para acceder a estes estudos na EASD Ramón Falcón de Lugo, tanto se o fas a través das probas como se tes a posibilidade dun acceso directo. Non esquezas que o prazo para inscribirse tanto na proba de madurez como na proba específica conclúe o vindeiro 28 de maio.
    .
  2. Non te confundas! Non é o mesmo un deseñador de interiores que un decorador. Cal é a diferenza principal? Pois, precisamente, a formación. Con este título poderás acreditar que tes as competencias precisas para solucionar cuestións de arquitectura interior e organización espacial.
    .
  3. O teu mercado de traballo será o mundo. As novas tecnoloxías da comunicación ofrecen a un deseñador de interiores a posibilidade de traballar telemáticamente con clientes de todo o mundo. Require esforzo… pero non todas as profesións permiten esta interesante alternativa.
    .
  4. Un deseñador de interiores nunca deixa de aprender. Esta titulación será para ti o comezo dun longo e fermoso percorrido. Se queres ter éxito nesta profesión, terás que formarte case a diario, coñecendo novas tendencias, aprendendo do traballo dos demais… Gústache aprender? Se é así, deches no cravo!
    .
  5. Ser deseñador de interiores é moito máis que ser deseñador. Será preciso, por exemplo, que sexas un bo comunicador, que saibas construír e manter a túa rede de contactos profesionais…
    .
  6. Existen moitísimas áreas nas que poderás desenvolver a túa actividade. vivenda, espazos comerciais, culturais e de ocio, espazos administrativos, escaparatismo, paisaxismo, transporte…
    .
  7. É un título equivalente ao título universitario de Grao. Está composto por catro cursos de 60 créditos ECTS cada un, un total de 240 ECTS.

Se aínda tes dúbidas ou preguntas, podes contactar con nós. Estaremos encantados de axudarte! Podes facer a túa consulta a través dos comentarios, ou ben: