Podes consultar aquí a relación definitiva de persoas inscritas nas probas de acceso ao Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística para o curso 2021/22.

Preme aquí para ver o documento en formato PDF

  • Se solicitaches acceso directo, comproba no documento que a solicitude foi rexistrada.
  • Non esquezas comprobar se tes documentación por entregar.

Proba substitutiva do título de graduado en ESO: 8 de setembro, de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30.

Publicación da listaxe provisional de persoas que superaron e persoas que non superaron a proba: 9 de setembro.
– Prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións provisionais: 10 e 13 de setembro.

Publicación de cualificacións definitivas: 14 de setembro.

Proba específica de acceso a ciclos formativos de grao medio: 15 de setembro, de 10:00 a 11:00 (primeiro exercicio), de 12:00 a 14:00 (segundo exercicio) e de 17:00 a 19:00 (terceiro exercicio).

Publicación de cualificacións provisionais: 16 de setembro.
– Prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións provisionais: 17 e 20 de setembro.

Publicación de cualificacións definitivas: 21 de setembro.

Prazo de matrícula para as persoas que obteñan praza asignada por resolución dos tribunais avaliadores: do 23 ao 28 de setembro.
– Publicación da relación de prazas asignadas, vacantes e listaxes de espera: 29 de setembro.

Podes consultar aquí a resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021/22.

Tes dúbidas sobre o proceso de inscrición nas probas de acceso? Chama ao 982 220 790 e axudámosche a resolvelas.