Prestaríache pasar catro meses en Albania, completando a túa formación na Universidade de Artes de Tirana? Se es alumno/a da EASD Ramón Falcón de Lugo e cumpres os requisitos necesarios, o programa KA 107 Erasmus+ e o Consorcio CARTES ofrécenche a oportunidade de facelo.

Tes toda a información e los documentos que precisas no apartado ‘Erasmus’ da nosa web. Lembra que para optar a esta estancia formativa deberás acreditar un nivel B1 en lingua estranxeira (ou superar a proba correspondente) e presentarte a unha entrevista persoal. O teu expediente académico e los módulos que che falten para completar os teus estudios tamén se terán en conta á hora de valorar a túa solicitude.

Ademais, podes solicitar unha bolsa para sufragar os custos de manutención e aloxamento durante o período de mobilidade (650 euros ao mes), así como unha axuda económica para os custos da viaxe (entre 275 e 360 euros).

Por outro lado, o persoal docente e non docente da escola tamén ten a posibilidade de gozar dun período de adestramento de entre 7 e 14 días nunha Universidade de Albania ou Xordania. Preme aquí para consultar a información sobre este programa.