O venres 17 de decembro desde as 09:00 realizaremos unha proxección de ‘Amnesia 3.0’ no Salón de Actos da escola.

Amnesia 3.0‘ é unha historia interactiva sobre un mundo que esqueceu, escrita e dirixida por Irene Pin. É a primeira serie interactiva en galego, , Premio a Proxecto no Festival Carballo Interplay e finalista nos Premios Mestre Mateo.

 

Despois da proxección teremos ocasión de participar nun coloquio con algún dos participantes nesta exitosa produción.

  • Trátase dunha actividade dirixida ao alumnado de primeiro e segundo curso do CFGS de Fotografía. Tamén podería resultar de interese para alumnado de terceiro curso de Deseño Gráfico, con materias como Audiovisuais e Proxectos.

Amnesia 3.0: Facebook / Instagram / IMDB