O pasado venres 1 de abril, tivemos a inmensa honra de contar entre nós con Iván Cotado que impartiu unha charla para o alumnado do Grao en Deseño de Interiores no salón de actos da escola.

Iván Contado é un reputado interiorista a nivel nacional, emprendedor e empresario desde hai case unha década pero, sobre todo, un apaixonado da arquitectura e do mundo comercial. E ben que se notou na súa exposición.

Iván desenvolveu na súa charla unha breve exposición dalgúns dos seus traballos e explicounos a visión que do traballo do interiorismo comercial tiña o seu estudio. Fundado en 2005, sempre quiso axustarse a unha máxima: «Deseñamos interiores. Creamos negocios». Contounos como é a tarefa de desenvolver a faceta de interiorista e a súa particular visión da súa paixón: o seu cometido é deseñar espazos comerciais para que vendan máis, máis a miúdo e máis caro.

O seu é optimizar os negocios sempre tendo en conta que «Ningún deseño é bo se non vende». Por tanto, cómpre «riorizan obxectivos empresariais por enriba de calquera requirimento estético», segundo nos relatou.

Tamén puidemos achegarnos ao seu proceso de creación, onde o deseño de interior se converte na arma máis eficiente para acadar os obxectivos empresariais. Para el, a súa meta é entender e dar solución as necesidades formuladas polo cliente dos clientes, o consumidor final. Por tanto, a súa prioridade «é unha orientación real ao cliente baseada na experiencia empresarial, o coñecemento e unha análise profunda previa do modelo de negocio, a estratexia empresarial, o target e a competencia».

A charla rematou coa proxección dunha curta onde se amosa a vixencia e o valor dos seus postulados.

Desde aquí queremos agradecerlle a Iván Cotado o seu paso pola nosa escola lembrándolle que as portas sempre estarán abertas para el. Mil grazas!

ivancotado1