Categories: Titulacións

Se tes decidido matricularte no Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística… non perdas máis tempo! O venres 24 de xullo finaliza o prazo para inscribirte nas probas de acceso que deberás realizar como paso previo ao ingreso nesta titulación na EASD Ramón Falcón de Lugo. Non o deixes para última hora!

Existe un amplo abano de méritos académicos que poden facilitarte o acceso directo a estes estudos. Desde o bacharelato artístico a algunhas licenciaturas, títulos de técnico superior, enxeñarías… Se tes algunha experiencia profesional relacionada, tamén podes solicitar o ingreso sen probas previas. Consulta aquí os requisitos para conseguir este acceso directo.

Se non estás en ningún dos supostos previstos, deberás facer unha ou dúas probas de acceso:

  • Se non remataches a ESO, deberás realizar unha proba de madureza o mércores 2 de setembro na nosa escola. Se queres máis información sobre esta proba, incluídos exemplos das cuestións propostas, preme aquí.
    .
  • Se remataches a ESO, ou ben se superas a proba de madureza, deberás facer unha proba específica o venres 4 de setembro na nosa escola. Para saber en que consiste, como está organizada e ver exemplos das cuestións propostas, preme aquí.

Se tes éxito nas probas e obtés unha praza, o paso seguinte é presentar na secretaría do centro, debidamente cumprimentado, o impreso de matrícula no ciclo formativo de grao medio de Serigrafía Artística. Xunto a este documento, deberás presentar o xustificante de pago do seguro escolar, unha fotocopia do teu DNI e dúas fotos de carné co teu nome e apelidos no reverso. Se tes dereito a acceso directo, deberás engadir un certificado da titulación correspondente.

Se tes preguntas ou dúbidas, contacta con nós. Podes deixar un comentario aquí mesmo ou ben…

Tamén te pode axudar ler isto: