Comezamos o curso cunha desas noticias que sempre estamos felices de compartir. Acabamos de coñecer que a obra ‘Atomic Gum’ de Natalia Pía [Pía Piadosa], alumna do CFGS de Cerámica Artística na EASD Ramón Falcón de Lugo, foi seleccionada no XVII Certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas.

‘Atomic Gum’ é unha obra realizada en refractario branco, engobe coloreado esmaltado e cocida a alta temperatura. Trátase dun dos once traballos seleccionados tanto para a súa adquisición como para a súa inclusión en catálogo.

Atomic Gum, de Natalia Pía

O Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo é organizado e convocado pola Deputación da Coruña. Podían participar nel artistas galegos ou residentes na comunidade, con obras pictóricas, escultóricas ou audiovisuais. Os traballos seleccionados formarán parte dunha mostra que recorrerá varios concellos da provincia coruñesa durante os meses próximos.

Parabéns, Natalia!