Categories: A escola

Benvid@s ao blog da nova web da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo!

Queremos estar cerca de vós, os nosos alumnos e alumnas, porque vós sodes o verdadeiro motor da escola. Queremos que dispoñades de canles onde atopar noticias relevantes sobre todo o que acontece no voso centro de estudos e no seu entorno. Tamén queremos ser unha escola aberta, achegar información de interese a todos aqueles que esteades pensando en iniciar con nós o voso camiño no mundo da arte ou o deseño.

Por todo iso decidimos renovar a nosa web, facéndoa máis accesible e sinxela de usar; e abrindo con este blog unha nova vía de comunicación. Aquí falaremos de novidades, curiosidades, eventos e moitas outras cousas relacionadas coa escola. Aconsellámoste gardar a nosa dirección en marcadores para non esquecer facernos unha visita de cando en vez 😉

E aínda hai máis. Tamén lle fixemos un lavado de cara á nosa páxina en Facebook, que como sempre imos manter actualizada con contidos interesantes; e vimos de estrear novos perfís sociais en Twitter e Instagram. Xa estás tardando en seguirnos!