A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia vén de publicar as puntuacións definitivas obtidas correspondentes aos premios extraordinarios nas Ensinanzas Artísticas Profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño de Galicia, correspondentes ao curso 2020/21.

A gañadora na categoría de Artes Plásticas e Deseño foi Esther López Álvarez, que presentou na súa candidatura o seu proxecto integrado do CFGS de Fotografía.

Esther López Álvarez

Desde a EASD Ramón Falcón queremos felicitar a Esther por este éxito, desde o convencemento de que haberá moitos outros na súa traxectoria académica e profesional.

Parabéns, Esther!