O pasado 20 de decembro, o alumnado das titulacións de Fotografía Artística e Deseño Gráfico desprazouse á cidade da Coruña para visitar unha mostra do fotógrafo Peter Lindbergh (1944-2019). A exposición, titulada Untold Stories, ofrece unha selección da obra deste autor, desde os seus comezos ata tempos recentes, incluíndo imaxes nunca antes exhibidas.

Gozamos así dun percorrido que rende xusto homenaxe á traxectoria deste fotógrafo de moda, un auténtico pioneiro nesta área. Retratos con personalidade, que falan ao mesmo tempo do home e o artista que está detrás da cámara. Un total de 152 fotografías que resumen un extenso traballo maiormente publicado en revistas internacionais. Lindbergh cría que a beleza individual reviste un carácter polifacético e que existe autenticidade na imperfección; e desde unha posición innovadora, foi quen de romper estereotipos na fotografía de moda.

Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh Visita Untold Stories - Peter Lindbergh

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis visitas na cidade da Coruña

Ademais, o alumnado de Fotografía Artística tivo a oportunidade de visitar tamén a exposición Humano, máis humano na Fundación Barrié da cidade da Coruña. Unha selección con 13 obras da Colección de Arte Contemporánea ‘La Caixa’, dos artistas A.R. Penck, Jean-Michel Basquiat, George Baselitz, Stephen Dean, Liu Jianhua, Sam Taylor-Wood, Jean-Marc Bustamante, Miquel Barceló, Vik Muniz, Txomin Badiola, Jorge Barbi, Gino Rubert e Anna Malagrida. A exposición ofrece unha ampla gama de formatos artísticas, desde a pintura ata o vídeo, pasando pola escultura, a fotografía ou as instalacións.

Pola súa parte, o alumnado de Deseño Gráfico visitou a mostra Lienzo, do pintor lugués Antonio Murado, na galería Vilaseco da Coruña. Puidemos achegarnos ás obras deste autor e coñecer máis sobre o proceso de elaboración dun libro de artista. Esta publicación singular, editada pola mesma galería, é froito de conversas mantidas entre o artista e unha historiadora, trala visita ao estudio de Murado en New Jersey en 2017. Con esta publicación, Antonio Murado adopta o libro como ferramenta de creación, rompendo as regras do deseño editorial, xogando co papel e coas imaxes. Nas fotografías, realizadas polo artista, amosa os espazos nos que pinta e traballa.