A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia convocou, con carácter extraordinario, probas específicas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Fotografía e Gravado e Técnicas de Estampación, impartidos na EASD Ramón Falcón, para o curso 2021/22.

Consulta aquí o documento coas instruccións da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Podes facer a túa inscrición para realizar a PROBA ESPECÍFICA de acceso ao CFGS de Fotografía ou o CFGS de Gravado e Técnicas de Estampación na secretaría da EASD Ramón Falcón (Lugo), entre o 1 e o 6 de setembro.

A proba celebrarase o día 8 de setembro na EASD Ramón Falcón de Lugo (sempre e cando escollas como primeira opción calquera destes ciclos), no seguinte horario:

Primeiro exercicio: de 10:00 a 11:00.
Segundo exercicio: de 12:00 a 14:00.
Terceiro exercicio: de 17:00 a 19:00.

  • O día 9 de setembro publicaranse as cualificacións provisionais nesta web e en www.edu.xunta.gal.
  • O día 14 de setembro publicaranse as cualificacións definitivas nesta web e en www.edu.xunta.gal.
  • O día 15 de setembro publicarase a asignación de prazas nesta web e en www.edu.xunta.gal.
  • La matrícula deberá realizarse os días 16 e 17 de setembro de 2021.

Se queres saber que documentación precisas presentar ou como funciona o proceso de admisión e matrícula, podes consultar aquí toda a información.