A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia vén de convocar os Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de Ensinanzas Artísticas Superiores no curso 2020/21 en centros públicos de Galicia.

Se no curso 2020/21 finalizaches os teus estudos de Deseño de Interiores ou Deseño Gráfico na EASD Ramón Falcón de Lugo podes presentar a túa solicitude ata o próximo 10 de xaneiro de 2022. Debes ter en conta que é unha convocatoria dirixida a estudantes que rematasen a súa traxectoria académica cunha puntuación media no seu expediente igual ou superior a un 8,5.

Cada premio terá unha dotación máxima de 3.500 € e un diploma acreditativo.