Categories: Conferencias

Ola a tod@s!

Comezamos o 2016 con forza e ilusión. Por iso este venres 15 de xaneiro, a partir das 11 da mañá, terá lugar o relatorio titulado ‘Philosophia‘, a cargo do Director de arte, deseñador e artista visual Xosé Teiga.

Máis de 150 premios avalan o traballo deste ínclito creativo pontevedrés (Cans Lions design, Laus, Anuaria, Wolda, Premios Nacionais Visual, Graphis NY, Design and Design, Art Directors Club Europe, Communication arts). Entre os últimos que recibiu este ano atopamos 10 Premios Nacionais Anuaria: 2 de ouro e 8 Selección. Podedes ver parte do seu traballo na súa galería de Behance ou no seu web.

Inmediatamente despois do relatorio, ás 12.30, inauguraremos a exposición co mesmo nome, na que se mostran os traballos de comunicación visual do Estudio Xosé Teiga. Podedes visitala en horario laboral de luns a venres (venres só mañás) ata o 15 de febreiro.

Estamos seguros de que vos encantará. Esperámosvos na EASD Ramón Falcón de Lugo.