O martes 21 de decembro recibimos unha visita especial. Silvia e Carlos, membros do departamento de People & Culture (RR.HH.) e da área de Com & In (Interiorismo e Visual Merchandising) de IKEA, ofreceron unha interesante presentación ao alumnado das Ensinanzas Superiores de Deseño de Interiores.

Grazas a Silvia e Carlos puidemos coñecer con detalle como funcionan os procesos organizativos nunha corporación de dimensión e proxección mundial, como é o caso de IKEA. Ademais, entendimos a importancia do espírito de traballo colaborativo, tanto entre distintos departamentos como entre os compoñentes de cada un deles.

Foi unha actividade orientada a comprender as conexións entre o académico e o profesional. Os titulados superiores de Deseño de Interiores, mesmo os de Deseño Gráfico, son perfís que responden ás demandas profesionais dun departamento de Com & In, por exemplo. De feito, é frecuente que os ex estudantes das escolas superiores de deseño traballen nesta clase de áreas.

Desde a EASD Ramón Falcón queremos agradecer a Silvia e Carlos a súa visita, o seu tempo e os coñecementos compartidos.