Grazas a Internet, os creativos temos a oportunidade de aprender case a diario. Non só a través da formación online, senón consultando os webs e blogs nos que moitos compañeiros comparten as súas experiencias, ofrecen consellos ou publican mostras do seu traballo. Hoxe imos falarte dalgúns sitios nos que o Deseño de Interiores é o principal protagonista. A lista queda aberta na zona de comentarios por se queres recomendar outros ou ben deixar a URL do teu para dalo a coñecer.

.
1. Design Milk

Dentro dos centos de blogs escritos en inglés que podes atopar na rede, este é sen dúbida un dos imprescindibles. Concentra unha enorme cantidade de noticias e información sobre deseño de interiores, arquitectura, tecnoloxía, mobiliario… É actualizado con frecuencia, polo que terás novos contidos case a diario e sempre totalmente gratuítos. A súa fundadora é Jaime Derringer, unha artista realmente versátil, cunha obra multidisciplinar que che resultará interesante.

.
2. Virlova Style

Este é o blog da deseñadora Virgina López. Nel analiza interiores moi variados, ademais de expoñer os seus propios traballos e proxectos. Na sección ‘Decotips’ tamén atoparás trucos e consellos para resolver moitos dos problemas máis comúns: aproveitamento de espazos concretos, tendencias de decoración en cada temporada do ano, uso de materiais… Os textos de Virlova son claros e directos, acompañados sempre cunha excelente selección de imaxes.

.
3. diarioDESIGN

Seguro que tes escoitado falar deste magazine online, que fundaron Gemma FiguerasGracia Cardona no ano 2009. Céntrase en temas de interese para deseñadores, arquitectos e interioristas, especialmente en asuntos de actualidade e novidades do sector. Moi recomendable se o que procuras é estar sempre á última ou ler artigos rápidos e sinxelos, que che presenten traballos feitos tanto en España como no resto do mundo.

.
4. Design*Sponge

Todo o publicado na categoría ‘Interiors’ deste blog é material máis que aproveitable para calquera deseñador de interiores. Aquí fálase non só de espazos de todas as clases, en infinidade de países e culturas; senón tamén das historias que hai detrás de cada imaxe que vemos en pantalla. Hai xa máis dunha década que Grace Bonney creou este blog, hoxe convertido nun dos máis seguidos e respectados da rede.

.
5. delikatissen

Este é o blog de Kati Sardiña, declarada fan do estilo nórdico – escandinavo tralo seu paso por Dinamarca. Esta preferencia persoal marca a liña de contidos do web. Entre as súas numerosas e variadas seccións destacamos a chamada Hogares de nuestros lectores’, no que se examinan vivendas reais dos seguidores do blog.