O vindeiro venres 1 de abril, ás 11:30, temos unha cita imperdible na Escola cunha charla sobre Interiorismo Comercial que non vai deixar indiferente a ninguén. O relator, todo un reputado interiorista, Iván Cotado.
Logo dunha ampla traxectoria profesional en diferentes proxectos, Iván Cotado fundou en 2005 o seu propio estudio baseado nunha máxima: «Deseñamos interiores. Creamos negocios»
Iván Cotado desenvolve a nivel nacional un interiorismo centrado en deseños comerciais e corporativos, tratando de deseñar espazos comerciais que procuren o fin de toda empresa, vender máis, optimizando cada negocio ou empresa para sacar a súa máxima rendibilidade, sempre tendo o cliente das súas creacións en mente e priorizando os obxectivos empresariais.
A súa definición de interiorismo marca o camiño de Iván Cotado:
Ser interiorista é ser honesto. Non enganar. Ser interiorista é resolver problemas a través da prescrición. É atopar a mellor solución. Ser interiorista é deseñar e prescribir. Prescribir e deseñar é enaganar. Iso non é ser interiorista.
(…) Ser interiorista é… Ser Libre.
Convidámosvos a botarlle un ollo á páxina web de Iván Cotado para comprobar o seu traballo e, sobre todo, ao seu interesantísimo blog que nos achega a súa visión persoal do interiorismo.
Lembra: venres, 1 de abril a partir das 11:30. Vémonos!
Ligazóns de interese
- ivancotado.es
- Blog de Iván Cotado
- @ivancotado en Twitter
- Páxina de Facebook de Iván Cotado