Na EASD Ramón Falcón tentamos estar sempre conectados co mundo profesional, o que agarda ao noso alumnado unha vez finalizados os seus estudos. Por iso aproveitamos toda ocasión de compartir experiencias con profesionais das áreas de interese dos estudantes. Nesta ocasión tivemos a oportunidade de falar sobre iluminación con Belén Millares e Yolanda Montes.

Belén e Yolanda son lighting designers en LUZNORTE Iluminación, en Lugo. O pasado mércores 15 de decembro foron as encargadas de guiar un obradoiro de formación titulado Cara unha nova iluminación eficiente e responsábel. Na actividade participaron alumnas e alumnos da materia de Luminotecnia, no terceiro curso da titulación de Deseño de Interiores.