O pasado xoves 28 de outubro celebramos ‘Conexión 2021’, a tradicional festa de comezo de curso na EASD Ramón Falcón, co gallo da festividade de San Antonio María Claret, patrón das Ensinanzas Artísticas.

Durante o evento fixemos entrega dos Premios Extraordinarios e a Mención de Honra á Creatividade e a Innovación correspondentes ao último curso académico. Tamén presentamos un novo número da Revista NM, realizada polo alumnado de Deseño Gráfico. Ademais, profesorado, estudantes e persoal non docente compartimos un ágape na cafetería, coa animación musical das pandereteiras de ‘A Volta do Agro’.

Aquí tes algunhas fotos da xornada, realizadas por Javier Suárez, alumno do CFGS de Fotografía.

Conexión 2021

Image 1 of 15

Estes foron os estudantes premiados:

Premio extraordinario Ensinanzas Superiores de Deseño: Patricia Andión Marchena (estudante de Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico).

Premio extraordinario Ciclos Formativos de Grao Superior: Aníbal Balbona Sánchez (estudante do CFGS de Gravado e Técnicas de Estampación).

Premio extraordinario Ciclo Formativo de Grao Medio: Hugo Maseda Braña (estudante do CFGM de Serigrafía).

Mención de Honra á Creatividade e a Innovación: Natalia Pía Conde Díaz (estudante do CFGS de Cerámica Artística).

Por outro lado, o evento serviu para deixar inaugurada a exposición con traballos do alumnado, xa dispoñíbel para a visita. Aquí tes algunhas imaxes da mostra:

Exposición alumnado 2021

Image 1 of 7