Desde o xoves 20 de maio e ata o mércores 1 de setembro podes presentar a túa solicitude para acceder ao Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística no curso 2021/22.

Terás que presentar unha solicitude tanto se tes dereito a acceso directo a esta titulación, como se tes que superar unha ou as dúas probas de acceso. Neste post informamos sobre o calendario que deberás seguir para acceder aos estudos de Serigrafía Artística no curso 2021/22. Se queres saber a que probas debes presentarte, que documentación necesitas presentar ou como funciona o proceso de admisión e matrícula, podes consultar aquí toda a información.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 20 de maio ata o 1 de setembro (ambos incluídos).

Publicación da relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas: 2 de setembro.
– Prazo de presentación de reclamacións contra a listaxe provisional: 3 e 6 de setembro.

Publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas: 6 de setembro.

Proba substitutiva do título de graduado en ESO: 8 de setembro, de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30.

Publicación da listaxe provisional de persoas que superaron e persoas que non superaron a proba: 9 de setembro.
– Prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións provisionais: 10 e 13 de setembro.

Publicación de cualificacións definitivas: 14 de setembro.

Proba específica de acceso a ciclos formativos de grao medio: 15 de setembro, de 10:00 a 11:00 (primeiro exercicio), de 12:00 a 14:00 (segundo exercicio) e de 17:00 a 19:00 (terceiro exercicio).

Publicación de cualificacións provisionais: 16 de setembro.
– Prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións provisionais: 17 e 20 de setembro.

Publicación de cualificacións definitivas: 21 de setembro.

Prazo de matrícula para as persoas que obteñan praza asignada por resolución dos tribunais avaliadores: do 23 ao 28 de setembro.
– Publicación da relación de prazas asignadas, vacantes e listaxes de espera: 29 de setembro.

 

Podes consultar aquí a resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021/22.

Tes dúbidas sobre o proceso de inscrición nas probas de acceso? Chama ao 982 220 790 e axudámosche a resolvelas.