Desde o mércores 19 de maio e ata o xoves 17 de xuño podes presentar a túa solicitude para acceder ás Ensinanzas Superiores de Deseño (Deseño de Interiores / Deseño Gráfico) no curso 2021/22.

Terás que presentar unha solicitude tanto se tes dereito a acceso directo a estas titulacións, como se tes que superar unha ou as dúas probas de acceso. Neste post informamos sobre o calendario que deberás seguir para acceder aos estudos de Deseño Gráfico ou Deseño de Interiores no curso 2021/22. Se queres saber a que probas debes presentarte, que documentación necesitas presentar ou como funciona o proceso de admisión e matrícula, podes consultar aquí toda a información.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 19 de maio ata o 17 de xuño (ambos incluídos).

Publicación da relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas: 21 de xuño.
– Prazo de presentación de reclamacións contra a listaxe provisional: 22 e 23 de xuño, no centro onde se realizase a inscrición ou a través de xsereap@edu.xunta.gal.

Publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas: 25 de xuño.

Proba para aspirantes que non cumpran o requisito de titulación: 28 de xuño, IES As Fontiñas (Santiago de Compostela), de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00.

Publicación da listaxe provisional de persoas que superaron e persoas que non superaron a proba: 30 de xuño.
– Prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións provisionais: 1 e 2 de xullo.

Publicación de cualificacións definitivas: 5 de xullo.

Proba específica de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño: 6 de xullo, Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.

Publicación de cualificacións provisionais: antes do 9 de xullo.
– Prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións provisionais: 12 e 13 de xullo.

Publicación de cualificacións definitivas: 14 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas en cada escola e especialidade: 16 de xullo.
– Prazo de matrícula para aspirantes con praza: do 19 ao 26 de xullo.

Nova adxudicación de prazas, no caso de non quedar cubertas todas as ofertadas: 29 de xullo.
– Prazo de matrícula para aspirantes con praza na nova adxudicación: 2 e 3 de setembro.

 

No caso de quedar prazas vacantes, poderá establecerse un calendario de probas extraordinarias na primeira quincena de setembro. A adxudicación de prazas publicaríase o 15 de setembro, abríndose un prazo de matrícula entre os días 16 e 20 de setembro.

 

Podes consultar aquí a resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2021/22.

Tes dúbidas sobre o proceso de inscrición nas probas de acceso? Chama ao 982 220 790 e axudámosche a resolvelas.