Desde o xoves 20 de maio e ata o mércores 23 de xuño podes presentar a túa solicitude para acceder aos Ciclos Formativos de Grao Superior (Cerámica Artística / Fotografía / Gravado) no curso 2021/22.

Terás que presentar unha solicitude tanto se tes dereito a acceso directo a estas titulacións, como se tes que superar unha ou as dúas probas de acceso. Neste post informamos sobre o calendario que deberás seguir para acceder aos estudos de Cerámica Artística, Fotografía ou Gravado no curso 2021/22. Se queres saber a que probas debes presentarte, que documentación necesitas presentar ou como funciona o proceso de admisión e matrícula, podes consultar aquí toda a información.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 20 de maio ata o 23 de xuño (ambos incluídos).

Publicación da relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas: 25 de xuño.
– Prazo de presentación de reclamacións contra a listaxe provisional: 28 e 29 de xuño.

Publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas: 30 de xuño.

Proba para aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato: 2 de xullo, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00.

Publicación da listaxe provisional de persoas que superaron e persoas que non superaron a proba: 5 de xullo.
– Prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións provisionais: 6 e 7 de xullo.

Publicación de cualificacións definitivas: 8 de xullo.

Proba específica de acceso para todas as familias profesionais: 9 de xullo, de 10:00 a 11:00 (primeiro exercicio), de 12:00 a 14:00 (segundo exercicio) e de 17:00 a 19:00 (terceiro exercicio).

Publicación de cualificacións provisionais: 13 de xullo.
– Prazo de presentación de reclamacións contra as cualificacións provisionais: 14 e 15 de xullo.

Publicación de cualificacións definitivas: 16 de xullo.

Prazo de matrícula para as persoas que obteñan praza asignada por resolución dos tribunais avaliadores: do 19 ao 22 de xullo.
– Publicación da relación de prazas asignadas, vacantes e listaxes de espera: 23 de xullo.

 

Existe un prazo extraordinario de matrícula para as ensinanzas artísticas de grao superior, os días 16 e 17 de setembro, para as persoas aspirantes que tivesen pendente superar algunha materia de bacharelato.

 

Podes consultar aquí a resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021/22.

Tes dúbidas sobre o proceso de inscrición nas probas de acceso? Chama ao 982 220 790 e axudámosche a resolvelas.