Sara Luna Castillo Fernández, ex-alumna da EASD Ramón Falcón de Lugo, vén de recibir o Premio de Excelencia da Universidade da Coruña á Mellor Nota de Admisión nos Graos no curso 2020/21. A estudante, procedente da nosa escola, accedeu ao Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos.

Trátase dun premio concedido pola UDC “co fin de recoñecer e incentivar o esforzo e a dedicación do alumnado procedente de Bacharelato e/ou Ciclos Formativos de Grao Superior que alcanzara uns resultados académicos excelentes nos estudos previos ao acceso á Universidade”. Ten unha dotación de 565€, ademais do correspondente diploma acreditativo. A EASD Ramón Falcón, como centro de procedencia da alumna premiada, recibe igualmente un diploma.

Sara, desde a túa escola queremos facerte chegar a nosa alegría por este premio. Temos certeza de que non será o último da túa carreira académica e profesional. Parabéns!