Este está a ser un ano ben proveitoso na Escola con varias e diferentes actividades paralelas aos propios estudos. Deixámosvos un resumo dalgunhas que se desenvolveron nas últimas datas.
Obradoiros e conferencias
Sempre dános un grande orgullo recibir a exalumnos e moito máis aprender deles. Vanessa Somoza é unha delas. Cunha ampla traxectoria como carta de presentación foi una das convidadas á (súa) escola para impartir dous cursos de encadernación.
No primeiro, os alumnos do Ciclo Superior de Gravado e Ciclo Medio de Serigrafía achegáronse en tres sesións á encadernación copta, á encadernación xaponesa e á encadernación de costura de fío con tapa dura e lombo pegado.
O segundo curso de catro horas de duración foi de encadernación copta impartido aos alumnos de deseño gráfico coa optativa de ilustración.
Xa en marzo, desde a Escola organizamos unha conferencia titulada “Fotografía 360”. Aberta a todo o alumnado e profesorado do Centro, aínda que especialmente indicada para os alumnos de primeiro e segundo ano do Ciclo de Grao Superior Fotografía e os dos Estudos Superiores de Deseño de Interiores. O relator foi Jesús Barral, quen fixo un percorrido inicial pola historia da fotografía global ou 360 para rematar cun pequeno obradoiro e unha mostra de traballos senlleiros neste tipo de fotografía.
Máis recentemente gozamos dunhas grandes Microxornadas 2016 que trouxeron á escola a expertos como Enric Godes, Jairo Aldana, Costa Estudio e Marcos Dopico e da que xa vos demos boa conta neste artigo.
Visitas complementarias
Se hai uns días recolliamos aquí a experiencia do alumnado en ARCO 2016, non podiamos deixar de falarvos doutras visitas e excursións que realizamos nos meses pasados.
O obxectivo da visita foi que os alumnos tivesen contacto directo coas diferentes opcións que o mercado ofrece e sobre todo que tomasen conciencia da transcendencia de prescribir un correcto illamento nas súas solucións construtivas para dar resposta ás condicións de confort, eficiencia enerxética e sustentabilidade.
Uns meses antes, en xaneiro, os alumnos do Ciclo de Grao Medio de Serigrafía Artística xunto co profesor Xosé Fontal Álvarez visitaron a Imprenta Grafinco onde aprendemos o funcionamento e a mecánica de traballo no proceso de impresión offset.
Podes ver algunhas das fotos destas visitas na nosa páxina de Facebook.