‘Temprano‘ é un traballo tipográfico de Sergio Navarro Porto, alumno de Deseño Gráfico da EASD Ramón Falcón de Lugo. Un proxecto de fin de estudos consistente na elaboración dunha familia tipográfica. Así, abrangue o estudo e a investigación no ámbito da tipográfica, no referente á creación, estrutura, análise de fontes e familias xa existentes… e en xeral os conceptos básicos desta área. Do mesmo xeito, abrangue a investigación e uso de programas de edición e creación tipográfica, codificación e programación OpenType.
Por que un proxecto tipográfico? Sergio cóntanos que ten un interese especial neste ámbito do deseño, que afonda no racional, funcional e no comunicativo. Ademais, o seu avó realizaba na súa época traballos de rotulación, que anos despois puido recuperar e estudar. Dalgún xeito, este alumno quixo render homenaxe a eses traballos co seu proxecto.
‘Temprano’ é un híbrido, unha experimentación con dúas familias tipográficas, tentando equilibrar os conceptos slab e grotesk. Convidámosvos a coñecela coas fotos da parte superior e con este vídeo: