Se tes decidido matricularte no Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística… non perdas máis tempo! O venres 24 de xullo finaliza o prazo para inscribirte nas probas de acceso que deberás realizar como paso previo ao ingreso nesta titulación na EASD Ramón Falcón de Lugo. Non o deixes para última hora!
Existe un amplo abano de méritos académicos que poden facilitarte o acceso directo a estes estudos. Desde o bacharelato artístico a algunhas licenciaturas, títulos de técnico superior, enxeñarías… Se tes algunha experiencia profesional relacionada, tamén podes solicitar o ingreso sen probas previas. Consulta aquí os requisitos para conseguir este acceso directo.
Se non estás en ningún dos supostos previstos, deberás facer unha ou dúas probas de acceso:
- Se non remataches a ESO, deberás realizar unha proba de madureza o mércores 2 de setembro na nosa escola. Se queres máis información sobre esta proba, incluídos exemplos das cuestións propostas, preme aquí.
. - Se remataches a ESO, ou ben se superas a proba de madureza, deberás facer unha proba específica o venres 4 de setembro na nosa escola. Para saber en que consiste, como está organizada e ver exemplos das cuestións propostas, preme aquí.
Se tes éxito nas probas e obtés unha praza, o paso seguinte é presentar na secretaría do centro, debidamente cumprimentado, o impreso de matrícula no ciclo formativo de grao medio de Serigrafía Artística. Xunto a este documento, deberás presentar o xustificante de pago do seguro escolar, unha fotocopia do teu DNI e dúas fotos de carné co teu nome e apelidos no reverso. Se tes dereito a acceso directo, deberás engadir un certificado da titulación correspondente.
Se tes preguntas ou dúbidas, contacta con nós. Podes deixar un comentario aquí mesmo ou ben…
- Chamarnos por teléfono ao 982 220 790 (de 9:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00h)
- Escribirnos un email a escola.arte.ramon.falcon@edu.xunta.es.
- Visitarnos en Paseo dos estudantes s/n, 27002 – Lugo.
- Contactar a través de Facebook ou Twitter.
Tamén te pode axudar ler isto: