Como ben sabes, na decisión dun estudante que escolle unha disciplina artística adoita haber un importante compoñente vocacional. O máis normal se queres facer un ciclo de deseño, fotografía ou gravado, por citar algúns exemplos, é que o fagas ante todo porque te gusta, porque te sentes identificado ou identificada con esa actividade. Pero igual de comprensíbel é que na túa mente xorda unha dúbida… «terei un futuro profesional relacionado cos meus estudos?»
En todas as titulacións con ese ‘aroma vocacional’ adoita aparecer esta cuestión. Desde a EASD Ramón Falcón de Lugo temos motivos para dicir alto e claro que si, hai saídas profesionais para os estudos artísticos. De maneira esquemática, imos achegarte algúns motivos e argumentos para apoiar esta afirmación:
- No noso web podes consultar os ámbitos profesionais nos que podes traballar despois de completar a túa formación. Como verás, hai moitísimas alternativas para todas as titulacións.
– Deseño Gráfico: identidade corporativa e visual, deseño multimedia, grafismo en televisión, produción gráfica, deseño web…
– Deseño de Interiores: espazos culturais, comerciais, administrativos; escaparatismo; paisaxismo; espazos interiores de transportes; deseño escenográfico…
– Fotografía: tanto traballando dentro dunha empresa como de forma autónoma, as posibilidades son case infinitas. Fotoxornalismo, publicidade, moda, arte, ciencia, industria…
– Gravado: peritaxe e recoñecemento de estampas, colaboración na edición de obra gráfica, dirección de talleres, configuración de obras gráficas empregando as técnicas aprendidas…
– Cerámica Artística: deseñando produtos cerámicos con valor artístico poderás integrarte nunha empresa ou escoller a túa propia liña de creación, cun carácter máis persoal. Noutras palabras: produción industrial ou produción artesá.
– Serigrafía Artística: adhesivos comerciais, rotulación, sinalización, carteis de reclamo publicitario, marcaxe de téxtil…
. - Se queres traballar pola túa conta, no teu propio espazo, emprendendo a túa propia aventura, as ensinanzas artísticas son un camiño ideal. En moitos casos, de feito, poderás traballar con clientes de todo o mundo grazas ás novas tecnoloxías da comunicación.
. - Se escolles a nosa escola para formarte, terás garantidas prácticas en empresas do teu sector. Este é un primeiro paso a ter moi en conta á hora de comezares a túa andadura profesional.
. - Na EASD Ramón Falcón estamos afeitos a que sexan as propias empresas as que contacten coa escola, pedindo referencias de alumnos e alumnos que poidan incorporar aos seus equipos profesionais.
Non teñas máis dúbidas: se tes ganas de aprender e traballar, se te esforzas e demostras o teu talento, podes traballar no que te gusta e facer que a túa vocación se converta na túa profesión. E se ti es quen de poñer esa parte de ilusión e traballo, nesta escola axudarémoste cunha formación de calidade; para que sexas ti quen teña as chaves das portas do teu futuro.