O verán remata e xa é hora de volver ás aulas. Para moitos será o inicio dunha etapa nova na EASD Ramón Falcón de Lugo, outros regresarán para retomar os seus estudos. Para uns e outros, xa temos as datas oficiais do comezo do curso 2017/18.

Xornada de acollemento do alumnado de Ensinanzas Superiores (Deseño Gráfico e Deseño de Interiores): Venres 15 de setembro
11.00 horas: Benvida do equipo directivo. Lugar: Salón de Actos da Escola.
11.30 horas: Benvida dos titores/as co seu grupo. Lugar: Aula designada pola Xefatura de Estudos.

Xornada de acollemento do alumnado de Ensinanzas Profesionais (Fotografía, Cerámica, Gravado e Serigrafía): Luns 18 de setembro
11.00 horas: Benvida do equipo directivo. Lugar: Salón de Actos da Escola.
11.30 horas: Benvida dos titores/as co seu grupo. Lugar: Aula designada pola Xefatura de Estudos.

Tamén podes consultar aquí as directrices de acollemento do alumnado para o curso 2017/18.

Lembra que ata o 8 de setembro permanecerá aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso a Deseño de Interiores e os Ciclos Formativos de Grao Superior.

Se xa es alumno da EASD Ramón Falcón de Lugo, non esquezas consultar os prazos de matrícula para o curso 2017/18.