Como xa vos contamos, hai un par de semanas tivemos o pracer de recibir ao director de arte, deseñador e artista visual Xosé Teiga. Da súa man gozamos dun intenso e interesante percorrido vital e profesional; compartindo os seus coñecementos, amplos e motivadores.

Nesa mesma mañá quedou inaugurada a exposición ‘Philosophia’, cun bo número de traballos do estudio de Xosé Teiga. A mostra estará aberta ata o luns 15 de febreiro e podedes visitala dentro do horario de apertura da escola: de luns a xoves, entre as 9:00 e as 14:00 e entre as 16:00 e as 20:00; os venres, só en horario matinal.

Non teñades dúbida de que paga a pena achegarse á escola e deterse un anaco a analizar estes traballos. Como entrante, deixamos aquí algunhas fotos do relatorio de Xosé Teiga e tamén da exposición. Aproveita a oportunidade e visítanos!