Con motivo da colaboración entre a Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón e a Escola Oficial de Idiomas de Lugo, o pasado martes 9 de abril inaugurouse unha exposición con obras do alumnado dos Ciclos Formativos do noso centro. A mostra queda situada no corredor do primeiro andar da EOI e na Biblioteca da planta baixa.

Todas as obras están identificadas cun código QR, a través do cal pódese acceder á información das mesmas en todas as linguas que se imparten na Escola de Idiomas. A exposición está composta por 21 pezas distribuidas do seguinte xeito:

  • Sete fotografías, pertencentes a Proxectos Finais de estudantes do CFGS de Fotografía (Alejandro Real, Andrea Maríz, María Lado, María Penalonga, Kamy Iglesias e Luca Sanmartino).
  • Sete gravados, realizados en diferentes técnicas por estudantes de primeiro e segundo curso do CFGS de Gravado e Técnicas de Estampación (Alberto Paz, Mario Astorga, Pedro Arias, Sofia Hidalgo, Ana Anllo e Rocío Fernández Paz).
  • Dúas pezas cerámicas realizadas por estudantes do CFGS de Cerámica Artística (Salvador Cidrás e Isabel Carril).
  • Catro serigrafías, realizadas por estudantes do CFGM de Serigrafía Artística (Anibal Balbona e Uxía González Canda).

O obxectivo desta iniciativa pioneira é fomentar a colaboración entre os dous centros e dar a coñecer ao público os estudos de Arte e Deseño, facendo visibles as súas obras nun dos centros educativos máis dinámicos da cidade de Lugo.