Un ano máis, os nosos Concursos de Postais de Nadal foron un auténtico éxito; tanto pola participación como polo fantástico nivel das achegas dos nosos estudantes. Iso é o que fai que a tarefa de escoller gañadores resulte difícil e apaixonante ao mesmo tempo.
O xurado, composto pola presidenta Esther Muñoz Mella, o secretario Ramón Cabarcos Rodríguez e os vogais Alfredo Yáñez López, Belén Carracedo González, Ángela Morales Polo, Ana Luisa Castro Dapena e Faína Manchón González, reuniuse o pasado xoves 1 de decembro para tomar decisións. O acto de entrega de premios tivo lugar o día seguinte na sala de exposicións da EASD Ramón Falcón de Lugo.
No X Concurso de Postais de Nadal, o primeiro premio, dotado con 150€ e a oportuna acreditación escrita, foi para Andrés Álvarez Mercador por este traballo:
No IV Concurso de Postais Multimedia de Nadal, a gañadora foi Carla Cid Masid:
O segundo premio na modalidade multimedia é para Susana Carballo Santín:
O accésit recaeu sobre este traballo realizado conxuntamente por María Viso González e Nerea Sampayo Doval:
Parabéns a todos os participantes!
Leave A Comment