O pasado mércores 18 de novembro, un grupo de estudantes de Deseño de Interiores tivo a oportunidade de visitar a obra que a promotora e construtora César Dorado está a realizar moi preto da EASD Ramón Falcón. Deste xeito repetimos a visita feita hai pouco menos dun ano, comprobando o avance dos traballos neste tempo.

O inmoble, situado no barrio de Montirón, conta cun estándar construtivo de alta eficiencia enerxética dentro do ámbito da edificación. É o primeiro edificio plurifamiliar Passivhaus en Galicia, o que nos permite afondar nos contidos da materia de Materiais e Tecnoloxía, aplicados ao Deseño de Interiores.

Unha vez máis contamos coa compañía de Ricardo Dorado, que nos guiou polas distintas fases da obra compartindo as súas experiencias e tamén as dificultades das distintas tarefas que afrontan. E por suposto, desde alí gozamos dunha marabillosa vista da nosa escola.