O pasado venres 1 de decembro, os estudantes de Deseño de Interiores da EASD Ramón Falcón uníronse aos seus compañeiros da EASD Antonio Faílde de Ourense para realizar unha visita ao ‘Vello Cárcere’ de Lugo, con Juan Creus e Covadonga Carrasco como guías.

Estes arquitectos son os que se encargaron do proxecto de reforma do edificio para convertelo nun centro cultural. Tal como eles mesmos explican, o seu obxectivo neste traballo foi recuperalo como espazo cidadán, devolver a Lugo o extraordinario espazo interior do antigo cárcere. Así, puidemos comprobar in situ como se conseguiu transformalo nun recinto con abundante luz, pero tamén respectuoso coa historia.

Ademais, os estudantes da EASD Antonio Faílde aproveitaron a ocasión para visitar as instalacións da nosa escola, onde foron recibidos polos seus compañeiros lugueses.