O pasado mércores 22 de xaneiro, o alumnado de Construción I, no segundo curso de Deseño de Interiores, tivo a oportunidade de visitar a obra que a promotora e construtora César Dorado está a realizar moi preto da EASD Ramón Falcón. Trátase do Edificio Montirón IV.

Esta é a primeira obra residencial de Galicia que dispón do certificado Passivhaus garantido por entidades certificadoras. Este estándar construtivo de alta eficiencia enerxética fundaméntase nun gran illamento térmico, un rigoroso control de infiltracións e a máxima calidade do aire interior.

Acompañadas por Ricardo Dorado puidemos identificar alí moitos dos contidos abordados en clase, en relación coa estrutura do edificio. Tamén houbo ocasión de adiantarnos a aspectos que veremos durante este segundo cuadrimestre.