O pasado 20 de marzo, os estudantes de Gravado e Serigrafía da EASD Ramón Falcón participaron nunha visita guiada á exposición de obra gráfica ‘Salvador Dalí, contador de historias’ na sede luguesa de Afundación.

Foi unha actividade de complemento á formación que nos serviu para achegarnos a unha faceta quizais máis descoñecida deste polifacético artista, a de gravador. A mostra recolle 72 gravados nos que o de Figueres recreou obras de escritores universais pertencentes aos chamados ‘ciclos literarios de Dalí’: Os soños caprichosos de Pantagruel (François Desprez, 1973); Le bestiaire de La Fontaine dalinisé (Jean de la Fontaine, 1974) y O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes (Editorial Emecé, 1957/58).

Nestes traballos Dalí plasma a súa persoal iconografía e mostra tamén a súa obsesión polos detalles. Coas súas imaxes explícanos a comedia humana e o ridículo comportamento do home no mundo e na historia.