Unha das nosas últimas visitas do ano 2019 levounos ao Museo Provincial de Lugo. O alumnado do CFGS de Cerámica Artística asistiu alí o pasado 19 de decembro á inauguración da exposición ‘A métrica do ilusionismo’, do escultor e ceramista mariñao Daniel Río ‘Caxigueiro’.

Nesta mostra, Caxigueiro revisa algunha das súas series máis representativas desde o 2005 ata a actualidade. Na súa narrativa continúan tendo gran presenza os temas sociais, empregando a instalación cerámica como soporte das súas creacións. Ademais, nesta ocasión a fotografía adquire un enorme protagonismo, así como as verbas en forma de poesía.

A exposición permanecerá aberta ao público no Museo Provincial de Lugo ata o próximo 25 de febreiro.