Desde o pasado 16 de marzo e ata o próximo 15 de xuño, a cafetería Apetéceme do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) acolle a exposición ‘Alquimista de soños’, unha serie de traballos de María Sánchez Castedo. María é alumna de Cerámica Artística na EASD Ramón Falcón e anteriormente cursou tamén estudos de Deseño Gráfico no noso centro.

 

Na súa serie ‘Alquimista de soños’ crea imaxes fotográficas mediante procesos experimentais que despois traslada a superficies cerámicas. Un traballo que nace da observación da vida que nos rodea, xurdindo así mundos etéreos inspirados na ilusión e na vivacidade dos primeiros fotógrafos, que foron dalgún modo alquimistas de soños.