O 22 e o 23 de novembro, o alumnado do CFGS de Cerámica Artística da EASD Ramón Falcón de Lugo terá a oportunidade de facer unha viaxe cultural a Aveiro (Portugal). O programa de visitas inclúe a XIV Bienal Internacional de Cerámica Artística de Aveiro, o Museo da Fábrica de Porcelana Vista Alegre, a cidade de Ovar e a Igrexa de Válega.

  • Saída: venres 22 de novembro ás 06:00 da mañá, EASD Ramón Falcón.
  • Regreso: sábado 23 de novembro ás 23:00.
  • Inscricións: na secretaría do centro, achegando nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e estudos que se están a cursar. Ademais, deberase facer unha entrega de 10€ en concepto de reserva.
  • Prazo de inscrición: ata o venres 15 de novembro.
  • Profesor encargado da coordinación: Francisco Fernández Ares.