A visita de Uqui Permui á EASD Ramón Falcón de Lugo foi un dos últimos eventos de Conecta, as xornadas de arte e deseño organizadas polo centro. Uqui é directora creativa do estudio multidisciplinar de deseño e comunicación visual uqui.net. Ademais, é socia fundadora da DAG e representante desta asociación en READ. Nesta edición 2019 de Conecta, tivemos o pracer de asistir a un obradoiro dirixido por ela, titulado A gráfica imaxinaria. Celebrouse o mércores 27 de febreiro na Aula 5 da escola.

Uqui recordounos que, ata hai pouco máis de 30 anos, o traballo de formalización dun proxecto gráfico facíase principalmente a man. As máquinas só resolvían unha parte do proceso. A proposta da nosa invitada foi precisamente esa: viaxar atrás no tempo e deseñar como se vivísemos nos 80. “Este proceso manual permítenos decatarnos de importantes pasos que por medio dos ordenadores resultan imperceptibles”, explicou Uqui Permui.

Unha experiencia sorprendente, enriquecedora e moi interesante. Malia que, para que negalo, en máis dun momento botamos en falta o socorrido CTRL + Z.

 

 

 
 
 
 
 
Ver esta publicación en Instagram
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Intenso e inolvidable taller de Gráfica Imaxinaria no @easd_lugo 💜💜 ou como deseñar sen ordenador!

Una publicación compartida de Uqui Permui (@uquipermui) el