O pasado xoves 9 de febreiro os nosos compañeiros de Deseño de Interiores desprazáronse á Coruña. O obxectivo da saída era asistir a unha xornada de relatorios organizada pola EASD Pablo Picasso e o Colexio Oficial de Deseñadores de Interior / Decoradores de Galicia. O cartel de relatores deixaba claro que era unha excelente oportunidade para tomar perspectiva sobre a figura do deseñador de interiores no panorama laboral da actualidade, a través dunha mostra moi representativa dos distintos perfís e posibilidades no mundo do interiorismo.

O primeiro en tomar a palabra foi Jorge Salleres Carneiro, que falou de Proxectos de Deseño en Hostalaría. A continuación chegou a quenda de Belén Sueiro Fernández, que centrou o seu relatorio na Vivenda. Tras un breve descanso, Loli Moroño López fixo unha exposición sobre o mundo dos hoteis.

Marta Villar Sanjurjo falounos de Escenografías e estudios de televisión; e xusto despois, Javier Pons Mena conduciu unha pequena sesión de Coaching en Obxectivos Profesionais. A encargada de pechar a xornada foi Carmen García Núñez, que ofreceu unha charla sobre paisaxismo en espazos públicos.