O pasado 27 de xaneiro, o alumnado de Deseño de Interiores participou nun obradoiro téxtil dirixido polo mestre artesán Ramón Álvarez. Un total de 6 horas de formación sobre o tema ‘A esencia da color. A transferencia’.

Entre os contidos tratados na actividade destacamos os seguintes:

· Percorrido da cor nas súas distintas vertentes.
· Transferencias do pigmento natural ao tecido adaptado aos recursos da natureza, contido cultural e desenvolvemento xeográfico con respecto a plantas tintóreas da zona.
· Estrutura molecular das proteínas e celulósicas.
· Práctica de tinguidura en tecido e fibras. Aplicación ao deseño potenciando o singular e personalización do produto.

Ademais, puidemos realizar unha visita ao taller de Ramón Álvarez e vivir en primeira persoa a experiencia do nacemento dun tecido.