Desde a semana pasada, na biblioteca da EASD Ramón Falcón de Lugo estanse levando a cabo traballos de catalogación de fondos. Por este motivo quedou temporalmente suspendido o servizo de préstamo.

En calquera caso, a sala de lectura permanece aberta; e é posible consultar calquera exemplar da biblioteca nela.