Non hai mellor forma de compartir o que facemos na EASD Ramón Falcón de Lugo que amosando os proxectos e traballos que os nosos alumnos son quen de levar a cabo. Por iso vimos de compartir na nosa conta de YouTube algúns vídeos realizados polos nosos estudantes de Deseño Gráfico.

En primeiro lugar, un traballo de stop motion de Susana Carballo no curso 2014/15. Procurou inspiración nun clásico como El Mago de Oz:

.
No curso 2011/12, Anitta Rivera conseguiu sacarnos un sorriso co seu traballo titulado Galette:

.
Pablo José García Fernández, ‘El Guaje
, foi o autor deste proxecto, ao que quixo titular Moby Dick:

.
Outro traballo de stop motion, neste caso realizado por Julieta Vargas García durante o curso 2009/10:

.
Este proxecto de Jessica Pérez Martínez para a materia de ‘Técnicas audiovisuais e de animación’ foi unha sorpresa máis que agradable para todos:

.
Non podemos deixar de compartir a particular visión da escola de Carlos Martínez Valcárcel, ‘Charly’:

.
E para finalizar este repaso, Harley Quinn, un videoclip realizado por Vanesa Pereiro no curso 2010/11: