Se chegaches ata aquí, é porque pola túa cabeza circula a idea de estudar Deseño Gráfico. Probablemente xa teñas claro que estás ante unha posibilidade de formación atractiva e con moitas saídas profesionais; pero como xa te terán dito os teus amigos e familiares, o máis importante é que esteas seguro de que tomas unha decisión correcta.

Desde aquí imos tentar axudarte. Como? Contándote algunhas cousas que debes saber sobre estes estudos e que non adoitan aparecer nas guías oficiais:

  1. A preinscrición é necesaria para acceder a estes estudos na EASD Ramón Falcón de Lugo, tanto a través das probas como se tes a posibilidade dun acceso directo. Non esquezas que o prazo para inscribirte na proba de madurez e na proba específica conclúe o vindeiro 28 de maio.
    .
  2. O teu é a comunicación gráfica e visual. É fundamental que teñas isto moi presente, porque é unha das grandes diferenzas entre Deseño Gráfico e outras titulacións do mundo do deseño. Se comezas este camiño, deberías sentir esa vontade de comunicar.
    .
  3. Sabes inglés? Xa tes camiño andado! Non queremos dicir que se tes un nivel máis baixo nesta lingua teñas que desbotar esta opción, mais si debes comprender que máis cedo que tarde será imprescindíbel para ti ter certa soltura no uso do inglés. Tanto para comunicarte con outras persoas (compañeiros, clientes, etc.) como para usar ferramentas que só están dispoñibles nese idioma.
    .
  4. A práctica é fundamental. Como en calquera titulación superior, a teoría existe e é importante; pero aquí o que verdadeiramente marca diferencias é a práctica. Precisamente ese é un dos motivos polos que estudar Deseño Gráfico na EASD Ramón Falcón de Lugo é unha excelente aposta: aquí tes garantida unha formación práctica de calidade.
    .
  5. Non precisas ser un debuxante extraordinario. Por suposto que terás que ter ou adquirir certa destreza, pero non te botes atrás por non destacar neste aspecto. Non é necesariamente o decisivo para un deseñador gráfico, aínda que obviamente sexa unha arma importante.
    .
  6. Sabes en cantas áreas distintas podes traballar? Identidade corporativa, deseño de envases, dirección de arte en publicidade, grafismo en televisión, deseño gráfico, editorial ou web, produción gráfica… Non estás por comezar un camiño pechado, todo o contrario!
    .
  7. É un título equivalente ao título universitario de Grao. Está composto por catro cursos de 60 créditos ECTS cada un, un total de 240 ECTS.

Nin que decir ten que calidades como a creatividade, a facilidade para conectar cos demais ou para traballar en equipo son características esenciais dun bo deseñador gráfico 🙂

Se aínda tes dúbidas, podes contactar con nós. Estamos para axudarte! Podes facer a túa consulta a través dos comentarios, ou ben: