O 24 de xullo está cada vez máis cerca; e esa é a data límite para que completes a túa inscrición nas probas de acceso ao ciclo formativo de grao medio de Serigrafía Artística. Estará a túa vocación dentro desta disciplina, en pleno desenvolvemento na actualidade? Quizais sexa así e aínda non o saibas. Por iso queremos contarte algunhas cousas sobre ela que talvez descoñezas: para que non perdas unha oportunidade que pode ser ideal para ti.

  1. Para dar coas raíces da serigrafía temos que retroceder varios milenios. Nas antigas e brillantes civilizacións de Exipto e Grecia xa se empregaban técnicas similares para decorar tombas e mosaicos.
    .
  2. No mundo anglosaxón, o termo serigraph comezou a utilizarse nos anos trinta, a fin de distinguir a práctica artística da comercial, para a que se usaba screen printing ou silk screen.
    .
  3. Para moitos, o principal responsábel de consolidar a serigrafía como modalidade artística foi Andy Warhol, sobre todo a partir de obras como o seu célebre retrato de Marilyn Monroe. Outros grandes artistas do século XX que produciron obras de serigrafía foron Pablo Picasso, Roy Lichtenstein ou Henri Matisse, entre moitos máis.
    .
  4. A serigrafía está en constante evolución e expansión. A aparición de novos soportes e tecnoloxías propicia este crecemento, que é toda unha garantía para o teu futuro laboral.
    .
  5. Sinalización, adhesivos comerciais, marcaxe téxtil, carteis, artigos de reclamo publicitario, rotulación… esta é só unha pequena mostra do enorme abano de áreas nas que pode atopar emprego un profesional da serigrafía.
    .
  6. Se estudas o ciclo formativo de grao medio de Serigrafía Artística na EASD Ramón Falcón de Lugo, terás garantidas as prácticas en empresas ao finalizares os teus estudos.
    .
  7. O plan de estudos deste ciclo recolle un total de 950 horas. 810 nos tres primeiros trimestres, das que 335 corresponden ao obradoiro práctico de técnicas serigráficas. As outras 140 horas corresponden ao 4º, 5º e 6º trimestre, repartidas entre a obra final e a formación práctica en empresas ou obradoiros.

Se queres entrar neste apaixonante mundo, xa sabes: tes ata o 24 de xullo para inscribirte nas probas de acceso. A de madureza será o 2 de setembro e a específica terá lugar o día 4 de setembro. Preme aquí para acceder a toda a información que precisas coñecer.

Recorda que se desexas facer preguntas, resolver dúbidas ou trasladar calquera consulta, podes deixarnos un comentario neste mesmo post, chamar por teléfono ao 982 220 790, ou escribir un correo electrónico. Para nós sempre é un pracer atenderte!