Non hai nada para aprender como tomar exemplo dos mellores. No mundo da arte e a creación temos a sorte de poder aprender observando as obras daqueles que admiramos, analizándoas e tratando de comprendelas. Pero ademais, a miúdo tamén podemos ler ou escoitar as súas palabras para afondar no seu punto de vista. Por iso queremos compartir con vós estas citas dalgúns grandes fotógrafos. Quizais vos axuden a atopar inspiración para o voso traballo, ou ben para pensar na fotografía desde outro ángulo, ou para iniciar un debate cos vosos colegas e compañeiros.

  • “Na fotografía hai unha realidade tan sutil que chega a ser máis real que a realidade”.
    Alfred Stieglitz (1864-1946). Podes ver algúns dos seus traballos aquí.
    .
  • “As fotografías abren portas cara o pasado, pero tamén permiten botar unha ollada ao futuro”.
    Sally Mann (1951-). Podes ver algúns dos seus traballos aquí.
    .
  • “Fotografar é conter os propios folgos, cando todas as facultades converxen para capturar unha realidade efímera. É nese preciso instante cando dominar unha imaxe se converte nun enorme gozo, físico e intelectual”.
    Henri Cartier-Bresson (1908-2004). Podes ver algúns dos seus traballos aquí.
    .
  • “Cal das miñas fotos é a miña favorita? A que tirarei mañá”.
    Imogen Cunningham (1883-1976). Podes ver algúns dos seus traballos aquí.
    .
  • “Nada acontece cando ficas sentado na casa. Sempre intento levar comigo a miña cámara. Así podo fotografar aquilo que me interesa en cada momento”.
    Elliott Erwitt (1928-). Podes ver algúns dos seus traballos aquí.
    .
  • “Unha fotografía é un segredo sobre outro; canto máis te conta, menos sabes”.
    Diane Arbus (1923-1971). Podes ver algúns dos seus traballos aquí.
    .
  • “O ollo debería aprender a escoitar antes que a mirar”.
    Robert Frank (1924-). Podes ver algúns dos seus traballos aquí.

Hai algunha coa que te identifiques especialmente? Quedan abertos os comentarios por se queres engadir máis citas ao listado 🙂