A Escola segue de parabéns cunha outra grande nova: Salvador Cidrás e Vicente Blanco, alumnos do Ciclo Superior de Cerámica Artística, foron seleccionados para participar en DMY Berlín, un dos escaparates de referencia europeo no deseño, presentando dous dos seus proxectos.

Trátanse destas dúas pezas:

CAIXAL, baseado nas técnicas tradicionais de alto lizo

nuse2

URALITA, vasos cerámicos ensamblados a man inspirados nas solucións construtivas da Galicia rural.

nuse1_1

Tanto CAIXAL como URALITA forman parte da Exposición Central, un lugar onde explorar novos produtos, prototipos e innovacións materiais de múltiples deseñadores, empresas e universidades. Aí é nada!

Sobre o DMY Internacional Design Festival Berlín

O DMY Internacional Design Festival Berlín é unha das citas máis importantes que sobre deseño se realizan en Europa. Nel ofrécese unha panorámica da práctica da produción de deseño á vez que se converteu nun espazo para a reflexión crítica, a comunicación e unha plataforma perfecta para o networking sobde o deseño de produto contemporáneo.

Ademais das exposicións, ten un amplo programa de simposios, charlas e obradoiros con deseñadores e un concurso internacional, a New Talent Competition

O DMY Internacional Design Festival Berlín terá lugar do 2 ao 5 de xuño e supón un escaparate de gran magnitude para a obra de Salvador e Vicente. Parabéns!!