A obra ‘Ruído de fondo’ de María José Santiso, alumna do CFGS de Cerámica Artística na EASD Ramón Falcón de Lugo, foi seleccionada na 10ª Bienal Internacional de Cerámica Ciudad de Talavera. Sesé participa na modalidade de Cerámica Contemporánea.

O certame bateu nesta edición a súa mellor marca de participación. Presentáronse nada menos que 205 obras de 192 ceramistas, procedentes de 31 países de todo o mundo. A selección do xurado está integrada por 43 obras, ‘Ruído de fondo’ entre elas. Todas formarán parte dunha mostra con inauguración prevista para mediados de maio no Centro Cultural Rafael Morales, en Talavera. Ademais, editarase un catálogo coas obras seleccionadas e daranse a coñecer os gañadores. A dotación dos premios é de 14.000 euros: 4.500 para os primeiros, nas modalidades de Cerámica Contemporánea Cerámica Tradicional; e 2.500 para cada un dos segundos nas mesmas categorías.

Parabéns, Sesé; e moita sorte!