Nas próximas semanas renovaremos o modelo de carné de alumno da EASD Ramón Falcón de Lugo.

Queres ter o teu? Desde hoxe, luns 15; e ata o día 29 de xaneiro, deberás entregar na secretaría da escola:

  • Unha fotografía tamaño carné.
  • Unha fotocopia do teu DNI.
  • Un euro.

Deste modo poderemos facilitarche a nova tarxeta cando estea dispoñible.